" DOCENTES, FAMILIAS E INFANCIA SIEMPRE HAN DE CAMINAR JUNTOS " HUMANIZAR LA EDUCACIÓN. CÉSAR BONA
miércoles, 20 de septiembre de 2023
viernes, 23 de junio de 2023
ÚLTIMAS ACTIVIDADES
No mes de maio celebramos OS MAIOS e as LETRAS GALEGAS. Podedes recordalas pinchando no seguinte enlace do blogue .
Tamén visitamos o reloxo da Igrexa de Santa María.
Visitamos a radio no IES MARÍA SARMIENTO, na que os maiores nos fixeron preguntas, xogaron con nós e ata merendamos. Unha xornada de convivencia moi ,moi positiva.Repetiremos!!!!
Disfrutamos da nosa biblioteca, os contos, os novos xogos , obradoiros cos escornabots no espazo creativo, obradoiro LUPO no patio( esa canteira de pezas era inmensa para a nosa biblioteca) e un sinfín de actividades. Podedes velas no blogue:
Continuamos cos obradoiros de cociña, nesta ocasión tocou macedonia.Picar, picar, picar sen parar e volta a empezar...
jueves, 4 de mayo de 2023
REMATANDO ABRIL E COMEZANDO MAIO
Comezamos a semana co conto RATO TOM E RATA TOMASA, a cargo da teacher María, quen foi profe no noso cole. Pinchade no seguinte enlace para velo.
Tamén nesta última semana de Abril tivemos o obradoiro a cargo de Electra de A GALIÑA DOS OVOS DE CONTO.
Continuamos a semana fabricando insecticida natural para as nosas plantas. Tiñan bichos, así que tivemos que investigar que debíamos facer .
domingo, 23 de abril de 2023
ABRIL, LIBROS E ACTIVIDADES MIL
Celebramos o Día do Libro Infantil cunha actuación de monicreques na nova biblioteca, podedes vela no seguinte enlace:
Seguimos abrindo a escola ao medio, e fumos pasear polo paseo fluvial para investigar e apañar flores silvestres coas que facer algún obradoiro no novo espazo creativo.
E aquí tedes un xogo coas flores que xa coñecemos, pero cuidado hai que descubrir as dúas que non son de xardín que son silvestres!!!
martes, 11 de abril de 2023
Marzo coa chegada da primavera foi un mes cheo de alegrías, de xogos e de actividades.
Pasámolo moi ben nas Nogueiras recuperando a tradición do noso pobo de saír ao campo no DÍA DAS TORTILLAS.
Podedes ver outras actividades dos proxectos da biblioteca e INCLÚE-T pinchando no seguinte enlace no blog de Librín.
Para rematar o trimestre uns obradoiros interesantes, recortando e cociñando emocións.
jueves, 23 de marzo de 2023
O MES DA POESÍA E MOITO MÁIS
O OITO É O DÍA DA MULLER
POLA IGUALDADE ENTRE ELA E EL.
O VINTE É O DÍA DA NARRACIÓN,
O CONTO QUE QUENTA COMO O SOL.
O VINTE E UN É O DÍA DA POESÍA,
MELLOR SERÍA TODOS OS DÍAS;
TAMÉN O DÍA DA ÁRBORE
PLANTA A TÚA CON CARIÑO
PARA QUE MEDRE CONTIGO.
viernes, 17 de marzo de 2023
ROSALÍA DE CASTRO
viernes, 10 de marzo de 2023
OBRADOIRO DE COCIÑA E OUTRAS ACTIVIDADES
OBRADOIRO DE COCIÑA E OUTRAS ACTIVIDADES
Rematamos febreiro e comezamos marzo cunha morea de actividade. Fixemos un obradoiro de cociña e nel as comidas favoritas de Paca e Calixto, coñecimos moitas cousas de Rosalía de Castro e dentro do noso traballo IGUÁLA-T tivemos un espéctaculo de maxia.
Polo 8M, e para completar as actividades de educación en igualdade que facemos cada día, tivemos unha maga e un mago que ademáis de facer trucos e sombras chinesas para as nenas e os nenos tamén recordaron para os adultos algunhas das cousas importantes polas que serguir educando para facer un mundo sin diferencias por razóns de xénero.
jueves, 2 de marzo de 2023
VISITA AO SUPERMERCADO
Hoxe tocou visita ao supermercado dentro das actividades do noso proxecto EDUSAÚDE.
Unha excursión sempre resulta motivadora para novas actividades encamiñadas a crear hábitos saudables e convertelos en prácticas habituais dende a infancia.
Paseamos por todas as seccións do supermercado , onde nos explicaron un montonazo de cousas. Tamén sabiamos moito, adiviñamos moitos dos peixes da peixaría, moitas verduras...Tamén aproveitamos para mercar os ingredientes da receita que do 1º obradoiro de cociña, os pratos favoritos de PACA E CALIXTO.
E para rematar menuda sorpresa nos tiña preparada FINA, unha merenda moi, moi especial.
Aínda que é complicado, os nenos e nenas poden comer máis variado tamén cando é un día de festa. Hoxe axudounos o EROSKI a mostrarlles platos divertidos a base de froitas.Sería moi interesante agora meter os nenos na cociña a preparar e participar do momento de facer a merenda. Aquí deixamos as ideas de FINA que foron todo un éxito .
Nós continuaremos no cole con obradoiros, clasificación dos alimentos, propiedades que nos aportan,...sempre de xeito lúdico co que conseguimos moitos dos obxectivos dos programas do centro e desta etapa onde a iniciación e consolidación de hábitos de saúde e sostibilidade son fundamentais.
-
Hoxe, unha familia de novo se animou a estar na biblioteca contando novas historias e disfrutando da compañía destes pequechos, a mamá e o ...
-
Nestes días vimos de celebrar moitas festas típicas galegas. Recordade que estas festas e actividades podedes velas na páxina web do cole n...
-
XANEIRO ESTREA O ANO NAS FOLLAS DO CALENDARIO O DÍA SEIS OS REIS MAGOS TRAEN MOITOS AGASALLOS Xoá...



















.jpg)

.jpg)





.jpg)

















