Hoxe tocou visita ao supermercado dentro das actividades do noso proxecto EDUSAÚDE.
Unha excursión sempre resulta motivadora para novas actividades encamiñadas a crear hábitos saudables e convertelos en prácticas habituais dende a infancia.
Paseamos por todas as seccións do supermercado , onde nos explicaron un montonazo de cousas. Tamén sabiamos moito, adiviñamos moitos dos peixes da peixaría, moitas verduras...Tamén aproveitamos para mercar os ingredientes da receita que do 1º obradoiro de cociña, os pratos favoritos de PACA E CALIXTO.
E para rematar menuda sorpresa nos tiña preparada FINA, unha merenda moi, moi especial.
Aínda que é complicado, os nenos e nenas poden comer máis variado tamén cando é un día de festa. Hoxe axudounos o EROSKI a mostrarlles platos divertidos a base de froitas.Sería moi interesante agora meter os nenos na cociña a preparar e participar do momento de facer a merenda. Aquí deixamos as ideas de FINA que foron todo un éxito .
Nós continuaremos no cole con obradoiros, clasificación dos alimentos, propiedades que nos aportan,...sempre de xeito lúdico co que conseguimos moitos dos obxectivos dos programas do centro e desta etapa onde a iniciación e consolidación de hábitos de saúde e sostibilidade son fundamentais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario