jueves, 23 de marzo de 2023

O MES DA POESÍA E MOITO MÁIS

 O  OITO  É  O  DÍA  DA  MULLER

POLA   IGUALDADE  ENTRE  ELA  E  EL.

O  VINTE É  O  DÍA  DA  NARRACIÓN,


O  CONTO  QUE  QUENTA  COMO  O  SOL.


O  VINTE  E  UN  É  O  DÍA DA  POESÍA,


MELLOR   SERÍA  TODOS  OS  DÍAS;


TAMÉN  O DÍA  DA   ÁRBORE


PLANTA  A  TÚA  CON  CARIÑO


PARA  QUE  MEDRE  CONTIGO.


XOÁN NEIRA

No blogue de Librín podedes ver as actividades que fixemos polo día da muller, IGUAIS NA MAXIA, así como polo día da Poesía, POESÍA OLLANDO A RÍA, pinchando no seguinte enlace.



Este mes tamén por fin fixemos Ioga na Ludoteca, e coñecimos instrumentos musicais moi relaxantes, o gong e unha frauta moi diferente.










Comezamos a coñecer un pouco máis a natureza e a achegarnos a ela, aprendendo o nome dalgunhas flores, coidandoas, sementando remolacha no noso invernadoiro, trasplantando plantas. Agora esperemos que xermolen para trasplantalas que seguro o conseguiremos porque empregamos terra do noso vermecomposteiro. Tivemos que repoñer de miñocas para seguir tendo terra rica en nutrintes para as plantas.
Grazas MAITANE pola tua axuda coas plantas, que á profe non se lle dan moi ben, pero entre todos conseguiremos unhas plantas fermosas.


E hoxe comezamos con formación para estar preparados para as saídas á Natureza sin que haxa riscos nin perigos. Acompañounos un policía moi especial que nos explicou todo xenial. Mil grazas XABI.






Agora a practicar na casa para saber onde vivimos, a nosa rúa, número e piso. Tamén podemos aprender o que vemos pola ventá da nosa casa, o super, un bar...todo aquilo que nos poda axudar no caso de ter un emerxencia.





Benvida Primavera, estamos desexando bo tempo para poder saír disfrutar da NATUREZA!!!!
Ata pronto Inverno, moito nos tivemos que mover polos corredores e pola aula.






















1 comentario:

Xogos matemáticas

NYAM                                             CARLOTA MARA                                           MAIMOUNA LUIS                       ...