XANEIRO ESTREA O ANO
NAS FOLLAS DO CALENDARIO
O DÍA SEIS OS REIS MAGOS
TRAEN MOITOS AGASALLOS
Xoán Neira
E así foi como comezamos este novo trimestre, con agasallos.bPero non sabemos quen os deixou, Papá Noel, os Reis Magos ou o Apalpador. Pero sospeitamos que foi o Apalpador, que lle deixamos unha carta no cole chea de promesas e ilusións.
XANEIRO TAMÉN ESTREA
PROMESAS E ILUSIÓNS
PARA QUE SEMPRE TEÑAMOS
ALEGRÍA NOS CORAZÓNS.
Xoán Neira
Cantos bicos e apertas repartiron. Unha xornada moi enriquecedora para grandes e pequenos. Bicos e apertas que sairon directos do corazón. Primeiro ano que os nosos maiores van cargadiños de amor do noso cole. Grandes familias detrás destes pequenos.
Precioso agasallo. Grazas Apalpador!!!! Sabemos que fuches ti!!!!❤️❤️❤️❤️❤️
O novo ano tamén nos deixou un novo amigo, CALIXTO, con el aprenderemos moitas cousas, sempre trae algunha sorpresa, algún reto por descubrir en familia e moitos contos e aventuras. Coñeceremos onde vive, a que lle ten medo, que lle gusta,...e tamén a súa amiga PACA, que imaxinamos é unha pata, unha vaca, unha nena ...cantas cousiñas imaxinamos xa.
Polo de agora xa aprendimos que a súa comida favorita é o pisto.Tivemos que investigar os seus ingredientes porque moitos non a coñecían.Agora xa sabemos como se fai , así que pronto haberá sorpresa!!!
E co trimestre novas actividades en familia:
EMOTICONOS: como se sinte hoxe o encargado.
A CAIXA DOS TESOUROS: na que traeremos o cole 2 ou 3 obxectos ou cousas importantes e valiosas para ensinar os nosos compis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario