jueves, 4 de mayo de 2023

REMATANDO ABRIL E COMEZANDO MAIO

 Comezamos a semana co conto RATO TOM E RATA TOMASA, a cargo da teacher María, quen foi profe no noso cole. Pinchade no seguinte enlace para velo.

Día do libro


Tamén nesta última semana de Abril tivemos o obradoiro a cargo de Electra de A GALIÑA DOS OVOS DE CONTO.





Continuamos a semana fabricando insecticida natural para as nosas plantas. Tiñan bichos, así que tivemos que investigar que debíamos facer .



E para rematar a semana a actuación dos nosos compis de 6º MAXÍA.Pincha no seguinte enlace para vela.

https://meninhos.blogspot.com/2023/04/maxia.html

E logo  participamos xunto con outros coles de Viveiro na I Andaina Solidaria polo día Internacional do Deporte organizada polo Grupo de Intervención Xuvenil de Viveiro en apoio a asociación pola Saúde Mental da Mariña.. Foi unha experiencia moi enriquecedora. 






E arrancamos Maio con máis e máis actividades. O martes para comezar fomos coas nosas sementes aos hortos para trasplantar. Que ben nos recibiron, estaban desexando a nosa visita.

GRAZAS , GRAZAS E MÁIS GRAZAS.





E o mércores continuamos con Obradoiro de arte e emocións a cargo da artista burelesa Adriana Pardo, no novo espazo creativo da nosa biblioteca espallada.



Tamén subimos a plantar árbores autóctonas a San Roque coa colaboración dos axentes forestais de Medio Rural  e da Comunidade de Montes San Roque.





Para rematar esta primeira semana visitounos unha odontóloga, Estefanía Regal, como parte do noso proxecto Edusaúde, que nos ensinou moitas cousas interesantes sobre os nosos dentes e os dos animais.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

Xogos matemáticas

NYAM                                             CARLOTA MARA                                           MAIMOUNA LUIS                       ...