viernes, 10 de marzo de 2023

OBRADOIRO DE COCIÑA E OUTRAS ACTIVIDADES

 

OBRADOIRO DE COCIÑA E OUTRAS ACTIVIDADES

 Rematamos febreiro e comezamos marzo cunha morea de actividade. Fixemos un obradoiro de cociña e nel as comidas favoritas de Paca e Calixto, coñecimos moitas cousas de Rosalía de Castro e dentro do noso traballo IGUÁLA-T tivemos un espéctaculo de maxia.

Polo 8M, e para completar as actividades de educación en igualdade que facemos cada día, tivemos unha maga e un mago que ademáis de facer trucos e sombras chinesas para as nenas e os nenos tamén recordaron para os adultos algunhas das cousas importantes polas que serguir educando para facer un mundo sin diferencias por razóns de xénero.




XOGOS 8 M












jueves, 2 de marzo de 2023

VISITA AO SUPERMERCADO

 Hoxe tocou visita ao supermercado dentro das actividades do noso proxecto EDUSAÚDE.





Unha excursión sempre resulta motivadora para novas actividades encamiñadas a crear hábitos saudables e convertelos en prácticas habituais dende a infancia.

Paseamos por todas as seccións do supermercado , onde nos explicaron un montonazo de cousas. Tamén sabiamos moito, adiviñamos moitos dos peixes da peixaría, moitas verduras...Tamén aproveitamos para mercar os ingredientes da  receita que do 1º obradoiro de cociña, os pratos favoritos de PACA E CALIXTO.

E para rematar menuda sorpresa nos tiña preparada FINA, unha merenda moi, moi especial.

Aínda que é complicado, os nenos e nenas poden comer máis variado tamén cando é un día de festa. Hoxe axudounos  o EROSKI a mostrarlles  platos divertidos a base de froitas.Sería moi interesante agora meter os nenos na cociña a preparar e participar do momento de facer a merenda. Aquí deixamos as ideas de FINA que foron todo un éxito .










É moi positivo traer alimentos saudables para ambientes festivos .Debemos establecer unha asociación positiva entre festa e saúde.O importante é preparalos ben e de forma divertida e atractiva para os nenos, que lles chame a atención e desperte a súa curiosidade.Así que apostade por merendas e festas de aniversarios con comida saudable e divertida.

A visita ao supermercado  EROSKI foi moi productiva e chea de agasallos, así que 

GRAZAS , GRAZAS E MÁIS GRAZAS EROSKI

Nós continuaremos no cole con obradoiros, clasificación dos alimentos, propiedades que nos aportan,...sempre de xeito lúdico co que conseguimos moitos dos obxectivos dos programas do centro e desta etapa onde a iniciación e consolidación de hábitos de saúde e sostibilidade son fundamentais.


 




lunes, 13 de febrero de 2023

ENTROIDO

 Chega unha das festas que máis nos gusta celebrar na escola. Moito traballo para os peques pero con moita diversión e ilusión na elaboración do disfraz. 

Este ano adicamos o Entroido a aprender como se celebra en distintas partes de Galicia e os disfraces máis característicos.

No seguinte enlace podedes ver algunhas das actividades que estamos a facer.

ENTROIDO

martes, 31 de enero de 2023

#RetoDivulgamos

 Neste mes de Xaneiro tiñamos un novo reto, divulgar entre a comunidade educativa a importancia de aforrar auga.

Os peques seguro contaron os trucos para conseguilo , porque na clase o entenderon moi ben. Aquí deixo o video cos trucos dos que falarán.


Para ver todo o que traballaron pincha no seguinte enlace.



lunes, 30 de enero de 2023

lunes, 23 de enero de 2023

PARA XOGAR EN DÍAS DE INVERNO

  Na aula esta semana xogamos na EDI e podemos seguir cos mesmos xogos na casa,  con algo de axuda.

CALIXTO 

 


lunes, 16 de enero de 2023

NOVAS ILUSIÓNS

 XANEIRO ESTREA O ANO

NAS FOLLAS DO CALENDARIO

O DÍA SEIS OS REIS MAGOS

TRAEN MOITOS AGASALLOS

                                         Xoán Neira


E así foi como comezamos este novo trimestre, con agasallos.bPero non sabemos quen os deixou, Papá Noel, os Reis Magos ou o Apalpador. Pero sospeitamos que foi o Apalpador, que lle deixamos unha carta no cole chea de promesas e ilusións.

XANEIRO TAMÉN ESTREA

PROMESAS E ILUSIÓNS

PARA QUE SEMPRE TEÑAMOS

ALEGRÍA NOS CORAZÓNS.

                                      Xoán Neira



Cantos bicos e apertas repartiron. Unha xornada moi enriquecedora para grandes e pequenos. Bicos e apertas que sairon directos do corazón. Primeiro ano que os nosos maiores van cargadiños de amor do noso cole. Grandes familias detrás destes pequenos. 




Precioso agasallo. Grazas Apalpador!!!! Sabemos que fuches ti!!!!❤️❤️❤️❤️❤️

O novo ano tamén nos deixou un novo amigo, CALIXTO, con el aprenderemos moitas cousas, sempre trae algunha sorpresa, algún reto por descubrir en familia e moitos contos e aventuras. Coñeceremos onde vive, a que lle ten medo, que lle gusta,...e tamén a súa amiga PACA, que  imaxinamos é unha pata, unha vaca, unha nena ...cantas cousiñas imaxinamos xa.



Polo de agora xa aprendimos que a súa comida favorita é o pisto.Tivemos que investigar os seus ingredientes porque moitos non a coñecían.Agora xa sabemos como se fai , así que pronto haberá sorpresa!!!

E co trimestre novas actividades en familia:

EMOTICONOS: como se sinte hoxe o encargado.
A CAIXA DOS TESOUROS: na que traeremos o cole 2 ou 3 obxectos ou cousas importantes e valiosas para ensinar os nosos compis.











Xogos matemáticas

NYAM                                             CARLOTA MARA                                           MAIMOUNA LUIS                       ...