martes, 31 de enero de 2023

#RetoDivulgamos

 Neste mes de Xaneiro tiñamos un novo reto, divulgar entre a comunidade educativa a importancia de aforrar auga.

Os peques seguro contaron os trucos para conseguilo , porque na clase o entenderon moi ben. Aquí deixo o video cos trucos dos que falarán.


Para ver todo o que traballaron pincha no seguinte enlace.



lunes, 30 de enero de 2023

lunes, 23 de enero de 2023

PARA XOGAR EN DÍAS DE INVERNO

  Na aula esta semana xogamos na EDI e podemos seguir cos mesmos xogos na casa,  con algo de axuda.

CALIXTO 

 


lunes, 16 de enero de 2023

NOVAS ILUSIÓNS

 XANEIRO ESTREA O ANO

NAS FOLLAS DO CALENDARIO

O DÍA SEIS OS REIS MAGOS

TRAEN MOITOS AGASALLOS

                                         Xoán Neira


E así foi como comezamos este novo trimestre, con agasallos.bPero non sabemos quen os deixou, Papá Noel, os Reis Magos ou o Apalpador. Pero sospeitamos que foi o Apalpador, que lle deixamos unha carta no cole chea de promesas e ilusións.

XANEIRO TAMÉN ESTREA

PROMESAS E ILUSIÓNS

PARA QUE SEMPRE TEÑAMOS

ALEGRÍA NOS CORAZÓNS.

                                      Xoán Neira



Cantos bicos e apertas repartiron. Unha xornada moi enriquecedora para grandes e pequenos. Bicos e apertas que sairon directos do corazón. Primeiro ano que os nosos maiores van cargadiños de amor do noso cole. Grandes familias detrás destes pequenos. 




Precioso agasallo. Grazas Apalpador!!!! Sabemos que fuches ti!!!!❤️❤️❤️❤️❤️

O novo ano tamén nos deixou un novo amigo, CALIXTO, con el aprenderemos moitas cousas, sempre trae algunha sorpresa, algún reto por descubrir en familia e moitos contos e aventuras. Coñeceremos onde vive, a que lle ten medo, que lle gusta,...e tamén a súa amiga PACA, que  imaxinamos é unha pata, unha vaca, unha nena ...cantas cousiñas imaxinamos xa.



Polo de agora xa aprendimos que a súa comida favorita é o pisto.Tivemos que investigar os seus ingredientes porque moitos non a coñecían.Agora xa sabemos como se fai , así que pronto haberá sorpresa!!!

E co trimestre novas actividades en familia:

EMOTICONOS: como se sinte hoxe o encargado.
A CAIXA DOS TESOUROS: na que traeremos o cole 2 ou 3 obxectos ou cousas importantes e valiosas para ensinar os nosos compis.











Xogos matemáticas

NYAM                                             CARLOTA MARA                                           MAIMOUNA LUIS                       ...