Esta semana LIBRÍN deixounos moitas cousas coas que estar entretidos a tope. Estamos a extremar as precaucións pola situación sanitaria na que nos atopamos, pero con tantas cousiñas de LIBRÍN resulta doado.
A primeira un conto de animais, nesta ocasión para acercarnos con eles á música.
Podedes escoitar o conto pinchando na seguinte imaxe.
Para as sesións de psicomotricidade outro gran conto de música, pero nesta ocasión con xogos cos que movernos.Comenzamos polo Zoo dos nenos.
E por último tamén nos deixou nada máis e nada menos que unha peli.Así que na biblioteca desfrutamos dunha sesión de cine. Canto nos está gustando.Estivemos atentísimos.
Todos estes libros, libros-cd, e pelis podedes pedilos á LIBRÍN en préstamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario