Esta actividade está a ser un éxito. Os nenos pasano en grande con tanta diversión en familia.
Nesta ocasión acompañounos Vicente, o papá de Andrea. Despois de tanto repetir a letra V, a do papá de Andrea, a que nos engana co seu son, e non fai pensar na de dúas barrigas o B... Por fin todos te coñecemos.
Grazas peques porque sodes capaces de convencelos e así conseguides o mellor dos agasallos, a súa compañía no cole no que pasades tanto tempo e estades desexando que entren e compartan con vos o maravilloso mundo dos contos, das historias...Porque calquera historia contada por papá ou mamá se converte en maravillosa.
Algún peque comenta que papá ou mamá sinte medo aínda que quere vir, así que como nos diría AMELIA EARHART no seu conto VUELA ALTO ,"EL MIEDO HAY QUE USARLO...TE PUEDE LLEVAR AL LUGAR DONDE ALMACENAS EL CORAJE"
No hay comentarios:
Publicar un comentario