O pasado curso gustounos moito escribir nas antigas máquinas de escribir, así que este ano volvemos telas durante dúas semanas no recuncho das letras.O son da máquina ó premer as teclas duras, poñer o folio, xiralo, cambiar de liña, atascar as teclas…Todo forma parte da aprendizaxe.
Esta foi a escusa perfecta para introducir o tema da semana: o día das escritoras, celebrado o 17 de outubro e que este ano leva por lema “ Antes, durante e despois das guerras”.Lema complexo que nos tratamos dende un poema de Paula Carballeira ( escritora que o ano pasado visitou o colexio) cun toque de optimismo e positivismo.
Este lema está agora nun mural na biblioteca , que fixemos de forma conxunta cos compis da aula bolboreta Juanita, para recibir á escritora Estefanía Padullés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario