sábado, 29 de octubre de 2022

SAMAÍN

 Este Samaín o cole encheuse de Monstros. Se queredes ver canto gozamos desta festa pinchade no seguinte enlace.

SAMAÍN

miércoles, 26 de octubre de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS ( 17 de outubro ) E DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES ( 24 de outubro )

O pasado curso gustounos moito escribir nas antigas máquinas de escribir, así que este ano volvemos telas durante dúas semanas no recuncho das letras.O son da máquina ó premer as teclas duras, poñer o folio, xiralo, cambiar de liña, atascar as teclas…Todo forma parte da aprendizaxe.




Esta foi a escusa perfecta para introducir o tema da semana: o día das escritoras, celebrado o 17 de outubro e que este ano leva por lema “ Antes, durante e despois das guerras”.Lema complexo que nos tratamos dende un poema de Paula Carballeira ( escritora que o ano pasado visitou o colexio) cun toque de optimismo e positivismo.





Este lema está agora nun  mural na biblioteca , que fixemos de forma conxunta cos  compis da aula bolboreta Juanita, para recibir á escritora Estefanía Padullés.





Grazas Estefanía por este fermoso conto de MONSTROS.





Pero o mellor de todo foi o conto co que nos agasallou Irati Vale, escritora de 7 anos de Viveiro e antiga alumna da EEI San Roque. Por suposto nos tamén a agasallamos cun libro feito cos nosos debuxos.





E para levar para a casa, que sempre nos gusta levar algo, elaboramos un moucho marcapáxinas .Que fermoso quedou, aínda que non nos gustou moito facelo.As plumiñas daban moito que debuxar.E despois de picar…era aburrido.Pero o final quedou moi ben!!!





E que mellor día que o DÍA DAS BIBLIOTECAS para botar a andar as mochilas viaxeiras.
Espero disfrutedes moito en familia con elas!






lunes, 17 de octubre de 2022

OS NOVOS RECUNCHOS

 “Jugar no es un descanso del aprendizaje .Es un aprendizaje interminable, encantador, profundo, atractivo y práctico.Es la puerta al corazón del niño.”

                                                                                Vince Gowmon



Xogos matemáticas

NYAM                                             CARLOTA MARA                                           MAIMOUNA LUIS                       ...