viernes, 8 de abril de 2022

DÍA DA SAÚDE (8 DE ABRIL)

                                                                     IOGA 

O exercicio físico, tan necesario cada día para un bo desenvolvemento físico e emocional.

O mércores pasado tivemos a primeira sesión , con Natalia ,  deseando que chegue o vindeiro mércores de ioga ( o último do mes )na que xa o faremos de forma presencial.

Cada día seguimos practicando exercicio antes da asamblea:ioga, zumba...









                                                      RODA DE ALIMENTOS

Traballamos con unha roda na que están representados todos os alimentos para acadar un óptimo desenvolvemento. Están agrupados segundo a función que desempeñan no organismo. Cómpre incluír alimentos de todos os grupos ao longo do día e que deben variar tamén entre alimentos de cada sector. Os distintos tamaños das cores indican a cantidade proporcional que cada un deles deberá achegar á dieta diaria dos nenos e nenas.

Para celebrar este día cada un preparou un prato co seu almorzo saudable preferido. Precisamos moita enerxía para practicar logo exercicio.

                     


         





                                           ESCOLA GALEGA DE CONSUMO

No mes de marzo tivevos un taller da Escola Galega de Consumo , no que nos explicaron moitas cousiñas sobre consumo responsable,  a través dun conto: O aniversario de Xulia  .


                         

                       


                                                       PONTE DE CORES

O consumo de 5 ou máis froitas e verduras ao día pode previr moitos problemas de saúde no futuro. Por iso é moi necesario converter esta práctica en habitual dende a infancia. Con frecuencia e para facilitar a aceptación deste tipo de alimentos hai que recorrer á creatividade. Por iso na nosa aula da merenda estamos a facer a actividade PONTE DE CORES, co fin de que tomen froita de todas as cores ao longo da semana. Cada día colocamos a foto de cada neno/a no globo da súa cor. Cando se completan todas as cores conseguen un diploma.




Este venres saen os primeiros diplomas para a casa. Atentos papis para mandarlles as froitas do cor que os peques pidan. Saben moi ben dar o recado.


GRACIAS FAMILIAS




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Xogos matemáticas

NYAM                                             CARLOTA MARA                                           MAIMOUNA LUIS                       ...