jueves, 20 de enero de 2022

INVESTIGAMOS SOBRE OS ANIMAIS

 Estas semanas estamos dando resposta a moitas preguntas dos pequenos sobre os animais , co fin de aprender novas cousas que nos axuden a crear MINIMUNDOS .

Visionamos algunhas fotos e xurdiu un gran debate na clase entre os peques , así que nos puxemos a aprender e investigar.

Miramos contos e contamos historias de animais e o seu hábitat






Vimos vídeos do nacemento de diferentes animais, cada día os animais que van elixindo co fin de averiguar si nacen de dentro dun ovo ou do ventre da súa nai. Que emocionante velos na nosa pantalla xigante!!!🐇🐄🐖🐘

Podedes velos dende a casa pinchando na imaxe dos animais.

                       


                          



Hoxe unha sorpresa co cabaliño de mar. Decidimos ver un animal do oceáno porque aínda non miraramos vídeos deles e tras elexir o cabaliño de mar , un gran descubrimento. É papá o que garda os bebés na súa bolsiña.

Tamén vimos a ra porque tiñamos que facer un traballo e non eramos capaces. Aparecía unha ra e... un gran debate no que non había acordo.

E o pingüín, todos deciamos que nacía da barriga de mamá, así que co vídeo saímos de dúbidas. Tiñamos que comprobalo antes de construír o pingüín que estamos a facer cos roliños de papel, xa que na clase só tiñamos un oso polar para o minimundo Polo Norte.


Viaxamos polo mundo 🌍 nunha nave na procura de lugares onde atopemos animais.




Creamos os primeiros MINIMUNDOS SELVA





Resolvemos xogos clasificando animais polo seu hábitat, emparellando coas súas crías, asociando o son que producen...

 

Clasificamos animais polo lugar no que viven, polo número de patas que teñen...





Aquí deixo uns xogos para xogar dende a casa si vos apetece recordalos e falar en familia.


 

 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Xogos matemáticas

NYAM                                             CARLOTA MARA                                           MAIMOUNA LUIS                       ...