Seguimos aprendendo dos animais da selva coas recomendacións de LIBRÍN polo día da paz. Onte gustounos o conto de Blancos o negros, así que hoxe a continuación.
" DOCENTES, FAMILIAS E INFANCIA SIEMPRE HAN DE CAMINAR JUNTOS " HUMANIZAR LA EDUCACIÓN. CÉSAR BONA
lunes, 31 de enero de 2022
viernes, 28 de enero de 2022
DÍA DA PAZ
Hoxe celebramos o día da PAZ. Así de fermoso nos quedou o noso poema.
Tamén deixo o video da canción que estamos a traballar pola PAZ. Grazas Iván Vale.
miércoles, 26 de enero de 2022
GRAZAS LIBRÍN
Esta semana LIBRÍN deixounos moitas cousas coas que estar entretidos a tope. Estamos a extremar as precaucións pola situación sanitaria na que nos atopamos, pero con tantas cousiñas de LIBRÍN resulta doado.
A primeira un conto de animais, nesta ocasión para acercarnos con eles á música.
lunes, 24 de enero de 2022
OS NÚMEROS
Hoxe no cole seguimos a repasar os números para poder clasificar os animais atendendo o seu número de patas.
Aquí deixo uns xogos para poder xogar dende a casa.
jueves, 20 de enero de 2022
INVESTIGAMOS SOBRE OS ANIMAIS
Estas semanas estamos dando resposta a moitas preguntas dos pequenos sobre os animais , co fin de aprender novas cousas que nos axuden a crear MINIMUNDOS .
Visionamos algunhas fotos e xurdiu un gran debate na clase entre os peques , así que nos puxemos a aprender e investigar.
Miramos contos e contamos historias de animais e o seu hábitat
Vimos vídeos do nacemento de diferentes animais, cada día os animais que van elixindo co fin de averiguar si nacen de dentro dun ovo ou do ventre da súa nai. Que emocionante velos na nosa pantalla xigante!!!🐇🐄🐖🐘
Podedes velos dende a casa pinchando na imaxe dos animais.
Hoxe unha sorpresa co cabaliño de mar. Decidimos ver un animal do oceáno porque aínda non miraramos vídeos deles e tras elexir o cabaliño de mar , un gran descubrimento. É papá o que garda os bebés na súa bolsiña.
Tamén vimos a ra porque tiñamos que facer un traballo e non eramos capaces. Aparecía unha ra e... un gran debate no que non había acordo.
E o pingüín, todos deciamos que nacía da barriga de mamá, así que co vídeo saímos de dúbidas. Tiñamos que comprobalo antes de construír o pingüín que estamos a facer cos roliños de papel, xa que na clase só tiñamos un oso polar para o minimundo Polo Norte.
Viaxamos polo mundo 🌍 nunha nave na procura de lugares onde atopemos animais.
Creamos os primeiros MINIMUNDOS SELVA
Resolvemos xogos clasificando animais polo seu hábitat, emparellando coas súas crías, asociando o son que producen...
Clasificamos animais polo lugar no que viven, polo número de patas que teñen...
Aquí deixo uns xogos para xogar dende a casa si vos apetece recordalos e falar en familia.
miércoles, 19 de enero de 2022
MINIMUNDOS
Comezamos este trimestre da mellor maneira XOGANDO E XOGANDO.
Para iso puxemos en marcha a nosa imaxinación e creatividade creando a partir de cousas da natureza como madeiras, pedras, cunchas etc...
Comezamos explorando , creando cos materiais libremente.
De seguido os MINIMUNDOS que quixeron crear sobre o tema que elexiron : OS ANIMAIS.
Xogos matemáticas
NYAM CARLOTA MARA MAIMOUNA LUIS ...
-
Comezamos a semana co conto RATO TOM E RATA TOMASA, a cargo da teacher María, quen foi profe no noso cole. Pinchade no seguinte enlace para...
-
QUE MERENDAS TAN SAUDABLES. CANTO IMOS APRENDER DAS FROITAS. COMEZAMOS COA MAZÁ E OS SEUS TIPOS , AS UVAS, O PLÁTANO, AS MANDARINAS E O AGU...