martes, 31 de enero de 2023

#RetoDivulgamos

 Neste mes de Xaneiro tiñamos un novo reto, divulgar entre a comunidade educativa a importancia de aforrar auga.

Os peques seguro contaron os trucos para conseguilo , porque na clase o entenderon moi ben. Aquí deixo o video cos trucos dos que falarán.


Para ver todo o que traballaron pincha no seguinte enlace.



lunes, 30 de enero de 2023

lunes, 23 de enero de 2023

PARA XOGAR EN DÍAS DE INVERNO

  Na aula esta semana xogamos na EDI e podemos seguir cos mesmos xogos na casa,  con algo de axuda.

CALIXTO 

 


lunes, 16 de enero de 2023

NOVAS ILUSIÓNS

 XANEIRO ESTREA O ANO

NAS FOLLAS DO CALENDARIO

O DÍA SEIS OS REIS MAGOS

TRAEN MOITOS AGASALLOS

                                         Xoán Neira


E así foi como comezamos este novo trimestre, con agasallos.bPero non sabemos quen os deixou, Papá Noel, os Reis Magos ou o Apalpador. Pero sospeitamos que foi o Apalpador, que lle deixamos unha carta no cole chea de promesas e ilusións.

XANEIRO TAMÉN ESTREA

PROMESAS E ILUSIÓNS

PARA QUE SEMPRE TEÑAMOS

ALEGRÍA NOS CORAZÓNS.

                                      Xoán Neira



Cantos bicos e apertas repartiron. Unha xornada moi enriquecedora para grandes e pequenos. Bicos e apertas que sairon directos do corazón. Primeiro ano que os nosos maiores van cargadiños de amor do noso cole. Grandes familias detrás destes pequenos. 




Precioso agasallo. Grazas Apalpador!!!! Sabemos que fuches ti!!!!❤️❤️❤️❤️❤️

O novo ano tamén nos deixou un novo amigo, CALIXTO, con el aprenderemos moitas cousas, sempre trae algunha sorpresa, algún reto por descubrir en familia e moitos contos e aventuras. Coñeceremos onde vive, a que lle ten medo, que lle gusta,...e tamén a súa amiga PACA, que  imaxinamos é unha pata, unha vaca, unha nena ...cantas cousiñas imaxinamos xa.



Polo de agora xa aprendimos que a súa comida favorita é o pisto.Tivemos que investigar os seus ingredientes porque moitos non a coñecían.Agora xa sabemos como se fai , así que pronto haberá sorpresa!!!

E co trimestre novas actividades en familia:

EMOTICONOS: como se sinte hoxe o encargado.
A CAIXA DOS TESOUROS: na que traeremos o cole 2 ou 3 obxectos ou cousas importantes e valiosas para ensinar os nosos compis.











sábado, 24 de diciembre de 2022

NADAL 2022

 SE QUEREDES VER CANTO GOZAMOS ESTE ANO CO NADAL PINCHADE NA SEGUINTE FOTO.



NADAL 2022

GRAZAS POR TODA A COLABORACIÓN FAMILIAS.

domingo, 18 de diciembre de 2022

ESCOITAMOS COMO LES

 Esta semana unha nova familia que se animou a ler uns fantásticos contos. Nesta ocasión Juana, a mamá de Jana. Moi ben feito Jana, tal e como che recomendou Andrea hai que pedilo moitas veces, entón papá ou mamá para que non tolees máis van ó cole.


E que contos tan divertidos. Unha longa viaxe polo mundo con caravana incluída. Como nos gustou esta viaxe.


E para o final o máis divertido. A fada dos dentes no corpo de Juana. Fixonos revisión dental a  todos, e todos conseguimos pegatina. Pero dixonos...que polas noites seguirá pasando polas casas mentres dormimos para volver vernos os dentes!😁😁😁


Despois de tantos doces de Nadal e tanto choco que vamos a tomar, en Xaneiro temos visita doutra mamá.Nesta ocasión hixienista dental, que nos dará unhas recomendacións para non defraudar á fada dos dentes. Prometemoslle lavar os dentes tres veces o día, e debemos facelo ben.
Nesta aula sempre cumprimos as nosas promesas.

MOITAS GRAZAS FAMILIA RODRÍGUEZ LÓPEZ

SI VES LA MAGIA EN UN CUENTO DE HADAS, PUEDES AFRONTAR EL FÚTURO.
                                                                                  Danielle Steel


E para a volta de Nadal a seguinte familia que se anima a contar. Que contentos están os peques con tantas visitas no cole. Xa non sei si lles gusta máis sair do cole ou recibir visitas.

Mil grazas familias















miércoles, 7 de diciembre de 2022

ESCOITAMOS COMO LES

 Outra familia que se animou a pasar un anaquiño con estes pequenos tan maravillosos.

Nesta ocasión acompañounos a mamá e o papá de Pablo, Xabi e Virgina.

Que atentos estiveron ! Nin pestanexaron! Porque as formas máis sinxelas de contar se convirten nas máis maravillosas. Grazas familia por esa forma de contar que tanto me recorda a como nos contaban cando eramos pequenos.





                                           GRAZAS FAMILIA RIVAS MEITÍN!!!😊😊😊😊

LOS MOMENTOS ESPECIALES DE HOY SON LOS RECUERDOS DE MAÑANA.

                                                                                              ALADDIN

E da visita de hoxe sae a seguinte familia que se anima a contar!!!! Todo un éxito familias. Sodes as mellores!!!!Están disfrutando tanto das visitas que estou moi, moi contenta. Debuxan e debuxan montón de corazóns nos debuxos que enviamos. Só os nenos son capaces de traspasar ás persoas e sentir o amor co que se fan as cousas.Cada familia que se anima a visitarnos pode velo na cara destes pequenos.





Xogos matemáticas

NYAM                                             CARLOTA MARA                                           MAIMOUNA LUIS                       ...