Hoxe, unha familia de novo se animou a estar na biblioteca contando novas historias e disfrutando da compañía destes pequechos, a mamá e o papá de Xabi, Maitane e Iván.
Houbo ata que levantalos a son de flauta porque todos quedaban sentados esperando máis e máis😊😊
GRAZAS FAMILIA VALE ARÁNGUIZ.
E xa temos a terceira familia citada para a seguinte historia. Estes peques seguro vos lean a todos.
O maravilloso mundo dos contos, que a todos nos gusta que nos conten. E quen mellor para contalo que papá ou mamá, os mellores contacontacontos para cada neno ou nena.
TODAS LAS PERSONAS MAYORES FUERON AL PRINCIPIO NIÑOS
Este xoves tivemos un novo contacto co Ioga. Nesta ocasión dunha maneira diferente.Acompañounos xunto con Natalia Cora , Hugo.
Esninounos a relaxarnos coa axuda de diferentes instrumentos : unha ra, unha pulseira de sementes, cuencos tibetanos,SHRUTI BOX...Unha experiencia moi enriquecedora.
O pasado venres acompañounos Lucía , a mamá de Clara, para contarnos tres fantásticos contos.
Unha experiencia moi positiva que Lucía pensa repetir os vindeiros trimestres, Canto me alegro!!!😊Clara e todos os compis tamén o disfrutaron a tope. O mellor agasallo para ela, un recordo que sempre a acompañará.❤️❤️❤️
GRAZAS FAMILIA SOTO PENSO.
Xa temos a segunda familia citada para contar a seguinte historia. Estes peques son fantásticos porque detrás hai familias fantásticas.😉
O pasado curso gustounos moito escribir nas antigas máquinas de escribir, así que este ano volvemos telas durante dúas semanas no recuncho das letras.O son da máquina ó premer as teclas duras, poñer o folio, xiralo, cambiar de liña, atascar as teclas…Todo forma parte da aprendizaxe.
Esta foi a escusa perfecta para introducir o tema da semana: o día das escritoras, celebrado o 17 de outubro e que este ano leva por lema “ Antes, durante e despois das guerras”.Lema complexo que nos tratamos dende un poema dePaula Carballeira( escritora que o ano pasado visitou o colexio) cun toque de optimismo e positivismo.
Este lema está agora nun mural na biblioteca , que fixemos de forma conxunta cos compis da aula bolboreta Juanita, para recibir á escritoraEstefanía Padullés.
Grazas Estefanía por este fermoso conto de MONSTROS.
Pero o mellor de todo foi o conto co que nos agasallou Irati Vale, escritora de 7 anos de Viveiro e antiga alumna da EEI San Roque. Por suposto nos tamén a agasallamos cun libro feito cos nosos debuxos.
E para levar para a casa, que sempre nos gusta levar algo, elaboramos un moucho marcapáxinas .Que fermoso quedou, aínda que non nos gustou moito facelo.As plumiñas daban moito que debuxar.E despois de picar…era aburrido.Pero o final quedou moi ben!!!
E que mellor día que o DÍA DAS BIBLIOTECAS para botar a andar as mochilas viaxeiras.