martes, 31 de mayo de 2022

FAI CLIC AO TEU BOCATA

 Hoxe un obradoiro máis para animarse con esas merendas saudables elaboradas con peixe.









GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN PREPARANDO ESAS RICAS E SAUDABLES MERENDAS.

miércoles, 25 de mayo de 2022

IOGA CON NATALIA CORA

 Unha semana máis tivemos Ioga con Natalia.Que ben o pasamos!

Hoxe plantamos a semente da calma.





martes, 24 de mayo de 2022

TI SI QUE ERES UN BO PEIXE

 Ti si que eres un bo peixe é un programa creado pola Consellería do Mar co obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia.

Hoxe Roque o peixeiro e Uxía a científica explicaron cousiñas de 9 especies. Algunhas xa as tiñamos no oceáno da nosa aula, que fixemos entre todos e co que aprendemos moito vocabulario novo.Algún dos nenos xa lle contou que mami o levara a peixaría para ver os peixes que estamos a aprender.






Seguimos a aprender cousiñas para manter unha vida saudable. A ver quen se anima con algunha receita.

Maña máis, nesta ocasión IOGA.

miércoles, 18 de mayo de 2022

OBRADOIRO IMOS Á PEIXARÍA

A alimentación importa! Por iso debemos recordar que:
No día:
- 5 racións
- 4 cores diferentes
- 3 pezas de FROITA
- 2 pratos de verduras
- 1 cítrico

Na semana:
- Combinar peixe,ovos e carne
E garantir:
- 2 racións de peixe azul
- 2 pratos de legumes
- 3-4 racións de lácteos

Por iso debemos intentar mellorar a aceptación dos pratos de peixe. Entre as causas do rexeitamento están o sabor, o cheiro e as espiñas.
Por iso hoxe no cole seguimos botando man da creatividade para mellorar o consumo de peixe entre os pequenos.
Un oceanógrafo chamado David trouxo moitas cousiñas do océano para poder ver.Canto aprendimos!!
Que divertido medir as cunchas.








Agora a ver quen se anima a traer algún bocata das latas que nos ensinou: bonito, atún, sardinilla, mexillón…

E xa chegaron os primeiros. Que ilusión tan grande eses ricos bocatas preparados con tanto amor.
GRAZAS,GRAZAS E MÁIS GRAZAS!!!










martes, 17 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS

 Que ben o pasamos!!!Pincha no seguinte enlace para ver todo o que traballamos e canto disfrutamos coa celebración!!!Cantas ganiñas de festexar todos xuntos.

Letras galegas 2022

Agora a preparar o seguinte festexo: OS MAIOS

lunes, 9 de mayo de 2022

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

 Como disfrutamos na biblioteca con Raquel Queizás e Charo Pita.Agora cada día pedimos máis contos e queremos participar como verdadeiros contacontos.Canto aprendimos das grandes!!!

Cada día máis atentos nestas aventuras de oír…



                                                              GRAZAS LIBRÍN


viernes, 29 de abril de 2022

VISITA AO CENIMA

 Este curso celebramos un ano máis a SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS, homenaxeando nesta ocasión a Quique Guerra. 

Canto arte había no CENIMA, pinturas, esculturas, fotografía…

Que divertido viaxar xuntos en autobús !!! Para moitos a primeira vez!!! 


Agora toca preparar a nosa obra de arte para expoñer no CENIMA. Que será, será !
Nos vindeiros días sorpresa!!!



Xogos matemáticas

NYAM                                             CARLOTA MARA                                           MAIMOUNA LUIS                       ...