Se queredes ver canto disfrutamos coas actividades do outono, e sobre todo coa festa do Magosto pincha no seguinte enlace:
CASTAÑAS POLO MAGOSTO, PEÓNS AO CAMIÑO POLO SAN MARTIÑO
" DOCENTES, FAMILIAS E INFANCIA SIEMPRE HAN DE CAMINAR JUNTOS " HUMANIZAR LA EDUCACIÓN. CÉSAR BONA
Se queredes ver canto disfrutamos coas actividades do outono, e sobre todo coa festa do Magosto pincha no seguinte enlace:
CASTAÑAS POLO MAGOSTO, PEÓNS AO CAMIÑO POLO SAN MARTIÑO
Hoxe, unha familia de novo se animou a estar na biblioteca contando novas historias e disfrutando da compañía destes pequechos, a mamá e o papá de Xabi, Maitane e Iván.
Houbo ata que levantalos a son de flauta porque todos quedaban sentados esperando máis e máis😊😊
Este xoves tivemos un novo contacto co Ioga. Nesta ocasión dunha maneira diferente.Acompañounos xunto con Natalia Cora , Hugo.
Esninounos a relaxarnos coa axuda de diferentes instrumentos : unha ra, unha pulseira de sementes, cuencos tibetanos,SHRUTI BOX...Unha experiencia moi enriquecedora.
O pasado venres acompañounos Lucía , a mamá de Clara, para contarnos tres fantásticos contos.
Unha experiencia moi positiva que Lucía pensa repetir os vindeiros trimestres, Canto me alegro!!!😊Clara e todos os compis tamén o disfrutaron a tope. O mellor agasallo para ela, un recordo que sempre a acompañará.❤️❤️❤️
Xa temos a segunda familia citada para contar a seguinte historia. Estes peques son fantásticos porque detrás hai familias fantásticas.😉
Este Samaín o cole encheuse de Monstros. Se queredes ver canto gozamos desta festa pinchade no seguinte enlace.
O pasado curso gustounos moito escribir nas antigas máquinas de escribir, así que este ano volvemos telas durante dúas semanas no recuncho das letras.O son da máquina ó premer as teclas duras, poñer o folio, xiralo, cambiar de liña, atascar as teclas…Todo forma parte da aprendizaxe.
Esta foi a escusa perfecta para introducir o tema da semana: o día das escritoras, celebrado o 17 de outubro e que este ano leva por lema “ Antes, durante e despois das guerras”.Lema complexo que nos tratamos dende un poema de Paula Carballeira ( escritora que o ano pasado visitou o colexio) cun toque de optimismo e positivismo.
Este lema está agora nun mural na biblioteca , que fixemos de forma conxunta cos compis da aula bolboreta Juanita, para recibir á escritora Estefanía Padullés.
“Jugar no es un descanso del aprendizaje .Es un aprendizaje interminable, encantador, profundo, atractivo y práctico.Es la puerta al corazón del niño.”
Vince Gowmon