No mes de maio celebramos OS MAIOS e as LETRAS GALEGAS. Podedes recordalas pinchando no seguinte enlace do blogue .
Tamén visitamos o reloxo da Igrexa de Santa María.
Visitamos a radio no IES MARÍA SARMIENTO, na que os maiores nos fixeron preguntas, xogaron con nós e ata merendamos. Unha xornada de convivencia moi ,moi positiva.Repetiremos!!!!
Disfrutamos da nosa biblioteca, os contos, os novos xogos , obradoiros cos escornabots no espazo creativo, obradoiro LUPO no patio( esa canteira de pezas era inmensa para a nosa biblioteca) e un sinfín de actividades. Podedes velas no blogue:
Continuamos cos obradoiros de cociña, nesta ocasión tocou macedonia.Picar, picar, picar sen parar e volta a empezar...