domingo, 23 de abril de 2023

ABRIL, LIBROS E ACTIVIDADES MIL

 Celebramos o Día do Libro Infantil cunha actuación de monicreques na nova biblioteca, podedes vela no  seguinte enlace:

blog de Librín


Seguimos abrindo a escola ao medio, e fumos pasear polo paseo fluvial para investigar e apañar flores silvestres coas que facer algún obradoiro no novo espazo creativo. 






E aquí tedes un xogo coas flores que xa coñecemos, pero cuidado  hai que descubrir as dúas que non son de xardín que son silvestres!!!




Tamén recibimos a visita dunha Inspectora urbanística acompañada dunha ratiña que nos contou un montonazo de cousiñas.


E para rematar a semana fomos os protagonistas na biblioteca. Noraboa paxariños!!!!




E a vindeira semana outras tantas actividades. Que liados andamos!!!
Recordade deitarse cediño e tomar todo o almorzo. Hai que vir coas pilas cargadas!!!


martes, 11 de abril de 2023

 Marzo coa chegada da primavera foi un mes cheo de alegrías, de xogos  e de actividades.



Pasámolo moi ben nas Nogueiras recuperando a tradición do noso pobo de saír ao campo no DÍA DAS TORTILLAS.




Podedes ver outras actividades dos proxectos da biblioteca e INCLÚE-T pinchando no seguinte enlace no blog de Librín.


Para rematar o trimestre uns obradoiros interesantes, recortando e cociñando emocións.








Xogos matemáticas

NYAM                                             CARLOTA MARA                                           MAIMOUNA LUIS                       ...